1.1 O feito de encher e enviar este formulario supón unha solicitude de reserva para Casa da Sebe, situada en O Castro - Barizo,da localidade de Malpica en A Coruña, co código postal 15113, en ningún caso supón a realización efectiva da reserva.
1.2 A reserva só será efectiva, cando, tras recibir a solicitude da mesma, a Dirección de Casa da Sebe confirme ao cliente solicitante vía e-mail a disponibilidade do aloxamento escollido, nas datas elexidas.
1.3 A Dirección de Casa da Sebe comprométese a contestar as solicitudes de reserva nun prazo máximo de 24 horas. Se a solicitude de reserva é confirmada pola dirección de Casa da Sebe, esta enviará ao cliente un cálculo detallado do custo da reserva solicitada. Para realizar reservas máis urxentes, por favor contactar co número 981 721 090.
1.4 Se o cliente non se presentara a ocupar o aloxamento reservado antes das 17:00 horas do día da data de entrada, sen previo aviso e negociación de condicións coa Dirección de Casa da Sebe, a reserva darase por cancelada, e polo tanto, a Dirección de Casa da Sebe disporá libremente do aloxamento en cuestión.
1.5. Anulación de reservas. (Segundo o art. 50 da Lei do Turismo de Galicia. LEI 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia) Cando un cliente decide anular unha reserva deberá indemnizar ao propietario do establecimento en: